Presentación de solicitudes
Section outline
-
As solicitudes de inscrición para participar nas probas libres de formación profesional presentaranse na secretaría de calquera centro público en que se oferten probas libres para a obtención de títulos LOE, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción. A solicitude poderá realizarse:
Presencialmente empregando o anexo I e presentarse na secretaría de calquera centro público de formación profesional con oferta de probas libres para a obtención de títulos de FP, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.
Mediante o asistente informático vía web.- Enlace para acceder á solicitude web — Activo soamente durante os períodos de solicitude
Recoméndase empregar o asistente web para cubrir e presentar a solicitude de admisión (www.edu.xunta.gal/ciclosadmision) xa que vai guiar e axudar a cubrir adecuadamente todos os campos da solicitude. Neste caso consulte o documento Instrucións sobre como realizar a solicitude web na páxina www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/11137
Se vostede vai a cubrir a solicitude en papel debe ter en conta:
- – Cubra todos os datos requiridos (se dispón de máis dun número de teléfono, indíqueos).
- – Poña especial coidado na formalización dos impresos; calquera erro pode prexudicalo no proceso de admisión a probas libres.
- – Cubra os impresos de xeito claro, mecanografados ou con letra de imprenta.
As persoas que soliciten participar nas probas libres dos módulos profesionais presentarán unha única instancia, que entregarán no centro onde se imparta o ciclo formativo solicitado en primeiro lugar.
Farase constar, por orde de preferencia, os ciclos formativos, os centros onde se impartan, e a súa oferta vinculada ata un máximo de seis opcións.
- Enlace para acceder á solicitude web — Activo soamente durante os períodos de solicitude