Requisitos
Section outline
-
CUMPRIR ALGUNHA DAS CONDICIÓNS DE ACCESO A CICLOS e ademais:
- Ter dezaoito anos, para os títulos de técnico.
- Ter vinte anos (20), para os títulos de técnico superior, ou dezanove (19) anos no caso de posuír xa o título de técnico.
- Con carácter xeral, non estar matriculado/a en ciclos formativos de formación profesional nin ter causado baixa no correspondente curso académico.
Excepcionalmente, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, as persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas poderán matricularse para a realización das probas libres en módulos profesionais do mesmo ciclo formativo sempre que os teñan suspensos de cursos académicos anteriores e non se atopen matriculadas neles no curso académico de realización da proba ata un máximo de tres módulos.
Adicionalmente, e tamén de xeito excepcional, no caso de quedaren aínda vacantes, poderán acceder á realización das probas:a) As persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas para a superación dun máximo de tres módulos profesionais de ciclos que se estean a cursar polo devandito réxime, sempre que sexan módulos nos cales non estean matriculadas no curso académico de realización da proba, e que non sexan os módulos profesionais de Formación en centros de traballo nin de Proxecto.
Tamén poderán matricularse de xeito excepcional, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, ás persoas que superasen o módulo de Formación en centros de traballo, e no caso dos ciclos de grao superior tamén o módulo de Proxecto, nos períodos extraordinarios establecidos no artigo 6.4 da Orde do 28 de febreiro de 2007, de setembro-decembro e de xaneiro-marzo, do mesmo curso escolar en que teña lugar a convocatoria de probas libres. - Ter dezaoito anos, para os títulos de técnico.