O EVA

Sitio: Aula Virtual do IES de Viós
Curso: Aula Virtual 1 - Edixgal
Libro: O EVA
Impreso por: Usuario convidado
Data: martes, 27 de xaneiro de 2026, 8:12 AM

Descrición

Descrición daqueles aspectos básicos do  EVA e o seu funcionamento.

1. Que é o EVA E-Dixgal?

EVA: Entorno Virtual de Aprendizaxe

É un espazo que centraliza o desenvolvemento da nosa materia, permitindo:

  • Subministrarlle ao alumnado recursos de estudo e consulta como arquivos, ligazóns, páxinas web... 
  • Deseñar unha gran variedade de actividades avaliables como tarefas, cuestionarios, foros, obradoiros, H5P...
  • Configurar e centralizar a avaliación da materia.
  • Comunicarnos co alumnado.
  • Utilizar os libros dixitais das diferentes editoriais dispoñibles na plataforma.

A aplicación que se utiliza no EVA EDIXGAL é Moodle 3.9 (igual que na aula virtual do centro) pero cunhas peculiaridades específicas do proxecto:

  • Está sincronizada con Xade para que se creen cursos e se matriculen alumnos automaticamente.
  • Proporciona acceso aos libros dixitais de diferentes editoriais e recolle o resultado das súas actividades.
  • Ten unha interface e unha configuración propias.

O traballo que levamos a cabo gárdase ao finalizar o curso escolar (na plataforma ou nunha copia de seguridade) o que nos permitirá melloralo coa práctica.

2. FAQs - Dúbidas frecuentes sobre o seu uso

Debo utilizar os libros das editoriais?

Os libros están á nosa disposición e podemos utilizar unha editorial concreta ou unha mestura de unidades de diferentes editoriais e cursos, pero non é obrigatorio utilizalos.

Tamén é posible deseñar o curso con material propio ou obtido en diferentes repositorios, como o espazoAbalar por exemplo.

Se xa tiña un curso na aula virtual do centro, podo seguir utilizándoo?

O aconsellable é facer unha copia de seguridade do curso da aula virtual, sen os datos de usuario, e restauralo no EVA E-Dixgal, así terémolo na nova plataforma e poderemos completalo con recursos das editoriais se nos interesa, e ao alumnado ofréceselle así un acceso centralizado. 

Se o curso do EVA está vacío é probable que teñamos que aumentar o número de seccións para que estean todas dispoñibles.

Se xa introducimos elementos na nosa materia do EVA e escollemos facer unha fusión, os contidos incorporaranse ao final de cada un dos temas.

A maior parte das actividades e tipos de preguntas  son iguais e non haberá problema, pero se algunha non coincide debemos ter a precaución de desmarcala ao facer a restauración.

Podo crear cursos no EVA ademais dos que xa se crean automaticamente?

Pódense crear cursos no EVA pero neste caso é preciso matricular ao alumnado manualmente ou facilitar unha automatriculación con chave.

Se ensino en varios grupos do mesmo curso e materia, é imprescindible traballar cos cursos independentes que se crean no EVA?

Neste caso podemos crear un curso novo, matricular ao alumnado manualmente ou con chave e facer grupos separados.

Tamén se podería escoller un dos cursos creados automaticamente, matricular nel ao resto de alumnos e facer grupos separados con eles.

Como podo permitir o acceso de outro profesor ao meu curso E-Dixgal?

Pódese matricular nun dos nosos cursos escollendo un perfil determinado segundo os permisos que lle queiramos proporcionar: profesor, profesor sen edición ou alumno.

Algúns cursos creados automaticamente xa veñen con dous profesores se no Xade estaban asignados á mesma materia e grupo.

Serve só para o traballo non presencial? 

Facilita enormemente o traballo non presencial, pero tamén é óptimo para desenvolver as clases presenciais xa que proporciona un entorno centralizado e ordenado no que o alumnado sempre terá á súa disposición os materiais do curso e unha canle para compartir tarefas co profesorado e os compañeiros.