• O stand de comida saudable e alternativa organizado durante a Semana da Ciencia serviu como ferramenta práctica para concienciar sobre a importancia dunha dieta equilibrada. Este traballo desde a materia de FOL, permitiu fomentar a innovación no deseño de propostas alimentarias ligadas ao emprendemento, a sinerxia con produtos e empresas locais reforzando a importancia do sector primario e a economía de proximidade.