• O alumnado de 4º Eso deseñou unha semana de menus saudables que incluían o almorzo, xantar, merenda e cea de luns a venres. Como apoio, empregaron os apuntes de Nutrición saudable do Departamento de Educación Física, nos que se explican os seguintes conceptos: clasificación por grupos de alimentos, clasificación en función do grao de manipulación, o azucre, o sal, o colesterol, a auga, as bebidas azucradas, exemplos de xantares/ceas con cereais, con peixes, con carne, con legumes, hortalizas, froitas, e exemplos de almorzos e merendas. Tamén aparece a comparativa entre menús saudables e non saudables.

      A continuación, expónense varios menús deseñados polo alumnado de 4º Eso.