Alcume: Capisaias/os, as/os
   
Área de recollida: Sabarís (Baiona)
   
Vinculación coa persoa: p.n.
   
Historia e orixe:

Os meus bisavós, por parte de nai, preparaban os altares da igrexa e realizaban outras tarefas en relación ao coidado desta, vestindo capisaios. Os capisaios son prendas de vestir que contaban cunha caperuza unida a un saio. Un saio é unha prenda de vestir solta, sen botóns, que chega ata os xeonllos. A miña familia comezou a ser recoñecida como “Os Capisaios”.

   
Motivación: Outros
   
Outros:

Os capisaios son prendas de vestir que contaban cunha caperuza unida a un saio. Un saio é unha prenda de vestir solta, sen botóns, que chega ata os xeonllos.