Alcume: Rolas/os, as/os
   
Área de recollida: Chaín (Gondomar)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

Un veciño da zona ía co burro e nun descoido, mentres foi coller un niño de rolas, o burro caeu polo monte abaixo, rompeu as patas e tivo que ser sacrificado. Así foi como naceu o alcume polo que é recoñecida a familia, Os Rolos.

   
Motivación: Outros
   
Outros:

Rola é común desta zona do sur da provincia de Pontevedra, no resto de Galicia é rula.