Alcume: Mentireiras/os, as/os
   
Área de recollida: Chaín (Gondomar)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

Segundo o meu avó, a familia recibe este alcume porque un antepasado contaba moitas mentiras. De feito, chegou a vender unha tomada de eucaliptos que non era da súa propiedade. Déronlle o sinal e el quedou co diñeiro. Finalmente, o que comprou a tomada quedou sen os cartos e sen a tomada de eucaliptos. Como alguén da parroquia diga unha mentira, xa se lle di que parece da familia dos Mentireiros, aínda que non o sexa.

   
Motivación: Calidade
   
Outros:

-