Alcume: Aserrachíns, as/os
   
Área de recollida: Sabarís (Baiona)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

Esta familia ía case todos os días ó monte cortar madeira das árbores. Sempre levaban con eles unha serra xigante
que tiñan que utilizar entre dúas persoas (cada unha nun extremo). Cando remataban de cortar a leña acababan todos
cheos de serrín e moi sucios, polo tanto, a xente comezoulles a chamar os Aserrachíns, alcume que segue vixente
nesta familia a día de hoxe.

   
Motivación: Profesión
   
Outros:

-