Alcume:
   
Área de recollida:  
   
Vinculación coa persoa:
   
Historia e orixe:
   
Motivación:
   
Outros:



Alcume: Carreteiros, as/os
   
Centro do que se recolle: Belesar (Baiona)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

Adicábanse a transportar obxectos en carros, de aí o alcume.

   
Temática: Profesión
   
Outros:

-



Alcume: Carrilanas/os, as/os
   
Centro do que se recolle: Nigrán
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

Tamén tiñan barcos ao xeito. Carrilana, medio de transporte tirado por cabalos.

   
Temática: Outros
   
Outros:

-



Alcume: Casa Balinfra as/os da
   
Centro do que se recolle: Camos (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

Por antepasados.

   
Temática: Outros
   
Outros:

Etimoloxía: Vallem Inferae (val de abaixo).



Alcume: Casa do lobo, as/os da
   
Centro do que se recolle: Couso (Gondomar)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

A casa onde habita actualmente a familia está reconstruída sobre unha casa anterior onde naceu a bisavoa. Durante moitos anos estivo completamente abandonada, medráronlle as silvas e a maleza de tal xeito que os nenos do barrio comezaron a chamala “ a casa do lobo” e así lle quedou ese nome.

   
Temática: Outros
   
Outros:

-



Alcume: Casa Florida, as/os da
   
Centro do que se recolle: Camos (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

Torres Blancas Florida, xente adiñeirada 

   
Temática: Outros
   
Outros:

-



Alcume: Casa Malde, as/os da
   
Centro do que se recolle: Camos (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

Apelido moi antigo portugués (1896)

   
Temática: Apelido, Topónimo
   
Outros:

Non existe rexistro deste apelido en Portugal. Non obstante, máis da metade das mostras son de Ferrol, así que concluímos que é un apelido toponímico do norte de Galicia.



Alcume: Casa Vella, as/os da
   
Centro do que se recolle: Vincios (Gondomar)
   
Vinculación coa persoa: p.n.
   
Historia e orixe:

A familia formouse nunha antiga casa de pedra no centro de Vincios. Cando a avoa, a nai e os seus
irmáns marcharon desa casa, comezou a coñecerse á bisavoa como a da casa vella.

   
Temática: Procedencia
   
Outros:

-



Alcume: Casadiñas/os, as/os
   
Centro do que se recolle: Vilariño (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

Chamábanlle así ao bisavó da familia porque despois da súa voda foi a praia a buscar un carro de argazo, e cando os veciños o vían dicían “alí vai o casadiño”, dende ese momento pasaron a chamarse así. 

   
Temática: Outros
   
Outros:

-



Alcume: Casadiñas/os, as/os
   
Centro do que se recolle: Agolada (Pontevedra)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

O alcume vén do tempo no que as mulleres da familia estaban en idade e en disposición de casar.

   
Temática: Outros
   
Outros:

-



Alcume: Casanovas, as/os
   
Centro do que se recolle: Sabarís (Baiona)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

Recibiron este nome ao comprar unha nova casa.

   
Temática: Outros
   
Outros:

-