Alcume:
   
Área de recollida:  
   
Vinculación coa persoa:
   
Historia e orixe:
   
Motivación:
   
Outros:



Alcume: Carballeiras/os, as/os1
   
Centro do que se recolle: Camos (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: p.n.
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: -
   
Outros:

O apelido vén do topónimo de Camos "A Barcalleira" e ser, polo tanto, toponímico. tamén pode estar relacionado cun lugar onde abundan os carballos. Ver Carballeiras/os, as/os2.



Alcume: Carballeiras/os, as/os2
   
Centro do que se recolle: "S. Pedro da Ramallosa (Nigrán)"
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

No lugar onde vivían había moitos carballos.

   
Temática: Topónimo
   
Outros:

-



Alcume: Carballido, a/o
   
Centro do que se recolle: Nigrán
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

O alcume formouse a través do apelido da familia

   
Temática: Apelido
   
Outros:

Hai un lugar chamado Carballido en Saiáns.



Alcume: Carballido(s), as do/os
   
Centro do que se recolle: Nigrán
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Plantas, Topónimo
   
Outros:

Topónimo moi estendido por toda Galicia, o máis probable é que estea relacionado co de Saiáns, Vigo.



Alcume: Carghadas/os, as/os
   
Centro do que se recolle: -
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Outros
   
Outros:

-



Alcume: Caringas/os, as/os
   
Centro do que se recolle: Nigrán
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Outros
   
Outros:

A caringa é unha danza cubana e canaria, polo que pode vir de emigrantes destes dous lugares.



Alcume: Carneiras/os, as/os
   
Centro do que se recolle: Nigrán
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Calidade, Topónimo
   
Outros:

Carneiro é un adxectivo que aporta o significado de rudo ou con pouca educación. Pode ser atribuído polo tanto a unha familia por posuíren estas características. Aínda así, tamén é probable que veña do topónimo de Matamá As Carneiras.



Alcume: Carolinas/os, as/os
   
Centro do que se recolle: Priegue (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Antropónimo
   
Outros:

Carolina: muller do interior que baixaba á Praia das Carolinas a tomar un baño. Tamén pode ser que un antepasado da familia posuíse este nome.



Alcume: Carrapachán, a/o
   
Centro do que se recolle: Panxón (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Outros
   
Outros:

-



Alcume: Carreira, as/os de
   
Centro do que se recolle: Nigrán
   
Vinculación coa persoa: p.p.
   
Historia e orixe:

Vén do meu bisavó que marchou da chamada casa do río cara a casa da carreira, aínda que meu o avó nunca preguntou o
porque dese nome e, polo tanto, descoñéceo.

   
Temática: Topónimo
   
Outros:

O nome da casa pode vir dado porque unha carreira é un camiño principal por onde podían pasar carros.