Alcume:
   
Área de recollida:  
   
Vinculación coa persoa:
   
Historia e orixe:
   
Motivación:
   
Outros:



Alcume: Pasafomes, as/os
   
Centro do que se recolle: Camos (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

O alcume é unha variante de "pasa fame" e foi atribuído a unha familia que carecía de sustento de aí o nome.

   
Temática: Outros
   
Outros:

-



Alcume: Pasanta, as/os da
   
Centro do que se recolle: "A Cabreira, S. Pedro da Ramallosa (Nigrán)"
   
Vinculación coa persoa: p.p.
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Profesión
   
Outros:

Pode ter que ver con alguén que traballase de pasante.



Alcume: Pasensia, a/o
   
Centro do que se recolle: Parada (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

Débese a que o pai falaba moi amodo e para poder manter unha conversa os seus fillos tiñan moita "pasensia".

   
Temática: Calidade
   
Outros:

-



Alcume: Pasquete, a do/o
   
Centro do que se recolle: Nigrán (Νigrán)
   
Vinculación coa persoa: p.p.
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Outros
   
Outros:

-



Alcume: Pataca/o, a/o
   
Centro do que se recolle: "S. Pedro da Ramallosa (Nigrán)"
   
Vinculación coa persoa: p.p.
   
Historia e orixe:

O avó vendía moitas patacas.

   
Temática: Profesión, Aspecto físico
   
Outros:

Unha pataca ou un pataco era o nome empregado para as moedas de dez céntimos, polo que pode gardar relación co
tamaño.
Algún dicionario recolle "pataco" como unha persoa de pernas curtas.



Alcume: Patacas/os, as/os
   
Centro do que se recolle: Chandebrito (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: p.p.
   
Historia e orixe:

O bisavó vendía patacas

   
Temática: Profesión
   
Outros:

-



Alcume: Pataqueiras/os, as/os
   
Centro do que se recolle: "Xunqueira, S. Pedro da Ramallosa (Nigrán)"
   
Vinculación coa persoa: p.p.
   
Historia e orixe:

Daquela ían vender patacas a Baiona

   
Temática: Profesión
   
Outros:

-



Alcume: Pataricas/os, as/os
   
Centro do que se recolle: Nigrán
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

Alcume procedente de Patos.

   
Temática: Topónimo
   
Outros:

-



Alcume: Patilao, as/os do
   
Centro do que se recolle: Nigrán
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Outros
   
Outros:

-



Alcume: Patita, as/os de
   
Centro do que se recolle: S. Pedro da Ramallosa (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

Arrastraba a perna ao camiñar.

   
Temática: Aspecto físico
   
Outros:

O sufixo castelán -ita denota que o alcume é recente.