Alcume:
   
Área de recollida:  
   
Vinculación coa persoa:
   
Historia e orixe:
   
Motivación:
   
Outros:



Alcume: Frutadas/os, as/os
   
Centro do que se recolle: Chandebrito (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: p.p.
   
Historia e orixe:

Ao bisavó da familia chamábanlle frutadas, porque plantaba e tiña moitos frutais.

   
Temática: Outros
   
Outros:

É máis probable que se deba a unha metátese de Furtado



Alcume: Fumeghas, as/os
   
Centro do que se recolle: Nigrán
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Outros, Apelido
   
Outros:

A palabra "fumega" fai referencia á acción de botar fume. Tamén hai un apelido Fumega no Carballiño e en Vigo.



Alcume: Galeona/-ón, a/o
   
Centro do que se recolle: -
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Outros
   
Outros:

O galeón é un barco de madeira empregado na pesca. Non podemos descartar que sexa derivada do castelán "jaleo".



Alcume: Gallegas/os, as/os
   
Centro do que se recolle: Priegue (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Apelido
   
Outros:

É probable que veña do apelido Gallego.



Alcume: Galos, as do/os
   
Centro do que se recolle: Parada (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

O alcume provén da actitude conflitiva da meirande parte dos homes da familia.

   
Temática: Animal
   
Outros:

-



Alcume: Gaspar as/os de
   
Centro do que se recolle: Chandebrito (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: p.p.
   
Historia e orixe:

O irmán da súa avoa vestíase sempre do rei Gaspar no entroido.

   
Temática: Antropónimo
   
Outros:

-



Alcume: Gasparillas/os, as/os
   
Centro do que se recolle: Priegue (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Antropónimo
   
Outros:

Posible antepasado chamado Gaspar.



Alcume: Ghabachas/os, as/os
   
Centro do que se recolle: Camos (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

Fai referencia a un descendente masculino moi aposto e presumido

   
Temática: Calidade
   
Outros:

En galego asóciase a palabra gabacho co verbo gabar.



Alcume: Ghabacho, as/os do
   
Centro do que se recolle: -
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Procedencia
   
Outros:

Moi probablemente era francés, xa que así se chama despectivamente aos procedentes deste país.



Alcume: Ghabirla/Ghabirlo, a/o
   
Centro do que se recolle: Nigrán
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

Viñeron de Bilbao

   
Temática: Procedencia, Topónimo
   
Outros:

Probablemente se refira ao topónimo "Gabiria", polo que pode ser un error gráfico.