Alcume:
   
Área de recollida:  
   
Vinculación coa persoa:
   
Historia e orixe:
   
Motivación:
   
Outros:



Alcume: Valixas, as/os
   
Centro do que se recolle: Baiona
   
Vinculación coa persoa: p.n.
   
Historia e orixe:

O meu tataravó e mais o seu irmán viñeron dende Salamanca a facer unha actuación a Baiona, xa que eran titiriteiros. Como viñan moi cargados e daquela non había maletas, trouxeron todas as súas pertenzas en valixas. Isto chamou a atención da xente e por iso lles puxeron este alcume.

   
Temática: Outros
   
Outros:

Non existe unha diferencia de significado entre "valixa" e "maleta", polo que é máis probable que lles chamasen valixas ás maletas.



Alcume: Veigas, as/os
   
Centro do que se recolle: Priegue (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Apelido, Topónimo
   
Outros:

Veiga é unha palabra prerromana de orixe descoñecida, antigamente pensouse que tivo relación co éuscaro "ibai", descartado xa que de ser certo, bería escribirse con b.



Alcume: Veigha, as/os da
   
Centro do que se recolle: Vincios (Gondomar)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Topónimo
   
Outros:

Unha veiga é un terreo baixo, amplo e fértil, xeralmente ás beiras dun río. Seguramente a familia traballase ou vivise nunha veiga.



Alcume: Veira/o, a/o
   
Centro do que se recolle: -
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

Apelido que rematou converténdose en alcume.

   
Temática: Apelido, Topónimo
   
Outros:

Posiblemente veña do topónimo "Beiro", na provincia de Ourense.



Alcume: Ventíns, as do/os
   
Centro do que se recolle: -
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Antropónimo, Topónimo
   
Outros:

Antropotopónimo de Valentín, xenitivo deste nome.



Alcume: Venturas, as/os
   
Centro do que se recolle: Priegue (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Antropónimo
   
Outros:

Fillos de alguén chamado Ventura.



Alcume: Verderol, a do/o
   
Centro do que se recolle: Panxón (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: p.p.
   
Historia e orixe:

Alcume que provén do bisavó por posuír un bar co mesmo nome na parroquia de Panxón. Por este feito, a familia dos Rouco é coñecida co alcume dos "Verderol"

   
Temática: Animal
   
Outros:

Castelanismo de verderolo.



Alcume: Verghas, as/os
   
Centro do que se recolle: Priegue (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Outros
   
Outros:

-



Alcume: Veterinaria/o, a/o
   
Centro do que se recolle: Camos (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

Era veterinario e sempre levaba a xiringa para vacinar cans cando llo pedisen. Un día, para gastarlle unha broma,
trocáronlle a vacina por cal.

   
Temática: Profesión
   
Outros:

-



Alcume: Vidalas/os, as/os
   
Centro do que se recolle: Priegue (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Antropónimo
   
Outros:

Fillos dalguén chamado Vidal.