Alcume:
   
Área de recollida:  
   
Vinculación coa persoa:
   
Historia e orixe:
   
Motivación:
   
Outros:



Alcume: Rata/o, a/o
   
Centro do que se recolle: Baiona
   
Vinculación coa persoa: p.p.
   
Historia e orixe:

Un familiar de cativo rillaba todo o que atopaba na cociña.

   
Temática: Animal
   
Outros:

-



Alcume: Relieve a/o da
   
Centro do que se recolle: Vincios (Gondomar)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

Alcume dunha avoa que tiña unha tenda chamada Comercial Relieve.

   
Temática: Profesión
   
Outros:

-



Alcume: Reloxeiras/os, as/os
   
Centro do que se recolle: Nigrán (Νigrán)
   
Vinculación coa persoa: p.n.
   
Historia e orixe:

O tataravó era un reloxeiro moi bo e famoso no Val Miñor e arredores.

   
Temática: Profesión
   
Outros:

-



Alcume: Renco, a/o do
   
Centro do que se recolle: -
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

Persoa que coxeaba ao camiñar. 

   
Temática: Aspecto físico
   
Outros:

A palabra renquexar deriva de ranquear que significa andar con dificultade por causa dunha dor, fatiga, dun defecto físico, etc.



Alcume: Requeixas/os, as/os
   
Centro do que se recolle: Nigrán
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Outros
   
Outros:

Requeixo: terreo que remata en baixada para dar entrada a un zona chá. O alcume puido ser atribuído a unha familia que vivía preto dun requeixo. Tamén poderían facer requeixo.



Alcume: Revolta, as/os da
   
Centro do que se recolle: Camos (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

Por unha curva moi pronunciada no camiño preto onde vivían

   
Temática: Topónimo
   
Outros:

Hai un lugar chamado A Revolta na parroquia de Priegue.



Alcume: Reyes, las de/los
   
Centro do que se recolle: Vincios (Gondomar)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

En Vincios hai unha familia moi coñecida porque é moi festeira e sempre lles gusta chamar a atención. O seu apelido é Rey, de ahí o alcume dos "Reyes". Eles sempre participan nas comparsas coas súas propias carrozas, en fin de ano tiran unha chea de fogos artificiais, fan un meco xigante para queimalo no entroido, fan concursos de disfraces, etc.

   
Temática: Apelido
   
Outros:

-



Alcume: Ricardo, as/os de
   
Centro do que se recolle: Priegue (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

O alcume procede do nome dun membro da familia 

   
Temática: Antropónimo
   
Outros:

-



Alcume: Rincho, o
   
Centro do que se recolle: "Xunqueira, S. Pedro da Ramallosa (Nigrán)"
   
Vinculación coa persoa: p.p.
   
Historia e orixe:

Antigamente repartían o pan en burro con seróns

   
Temática: Profesión
   
Outros:

 -



Alcume: Río, as/os do
   
Centro do que se recolle: Gondomar
   
Vinculación coa persoa: p.p.
   
Historia e orixe:

Este alcume vén de que a familia do meu avó, concretamente o seu avó (meu tataravó), viviu ao lado do rio.

   
Temática: Topónimo
   
Outros:

-