Alcume:
   
Área de recollida:  
   
Vinculación coa persoa:
   
Historia e orixe:
   
Motivación:
   
Outros:



Alcume: Barriga Verde, o
   
Centro do que se recolle: Gondomar
   
Vinculación coa persoa: p.p
   
Historia e orixe:

O avó da súa avoa casou dúas veces, a primeira muller faleceu, e el volveu casar con muller nova. O día da cornetada empezáronlle  a chamar barriga verde porque tiña a barriga moi grande.

   
Temática: Aspecto Físico
   
Outros:

Unha posible orixe poder estar relacionada co titiriteiro Barriga Verde, o que daría un indicio da cronoloxía do alcume.



Alcume: Barrocas, as/os
   
Centro do que se recolle: Parada (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Topónimo
   
Outros:

Unha barroca é un monte de barro. Ademais, é un topónimo de Valadares, en Vigo.



Alcume: Barros, as/os
   
Centro do que se recolle: -
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Apelido
   
Outros:

Barros é un apelido moi común en Galicia.



Alcume: Barxeiras/os as/os
   
Centro do que se recolle: Nigrán
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

Pode ser topónimo de as Barxas.

   
Temática: Topónimo
   
Outros:

Emparentado cunha raíz hidronímica indoeuropea "var-".



Alcume: Bastián, as/os de
   
Centro do que se recolle: Camos (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

Alude a un membro da familia con este nome

   
Temática: Antropónimo
   
Outros:

-



Alcume: Batallas, as/os
   
Centro do que se recolle: -
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Topónimo
   
Outros:

A Batalla é un topónimo de Beade.



Alcume: Bechas/os, as/os
   
Centro do que se recolle: Priegue (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Animal, Calidade
   
Outros:

Unha posible explicación é que se tratase dunha familia fea e adquirisen como alcume bechos. Esta forma alterna coa variante da fala "bicho".



Alcume: Bedellas/os, as/os
   
Centro do que se recolle: S. Pedro da Ramallosa (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Outros
   
Outros:

-



Alcume: Bellón, as/os do
   
Centro do que se recolle: Camos (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Outros
   
Outros:

Bellón e unha variante de billón: pedra redonda e perforada colocada no punto inferior do desagüe da cuba do muíño na que encaixaba a billa.



Alcume: Bernárdez, as/os de
   
Centro do que se recolle: Nigrán
   
Vinculación coa persoa: p.n.
   
Historia e orixe:

Procede dos condes de Bernardo.

   
Temática: Antropónimo
   
Outros:

Patronímico de Bernardo.