Alcume:
   
Área de recollida:  
   
Vinculación coa persoa:
   
Historia e orixe:
   
Motivación:
   
Outros:



Alcume: Misa, as/os
   
Centro do que se recolle: Morgadáns (Gondomar)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

Era o apelido da familia e pasou a converteuse no seu alcume. 

   
Temática: Apelido
   
Outros:

Antes de que se inmovilizasen os apelidos no rexistro civil, o apelido estaba precedido de preposición e artigo (da misa).



Alcume: Misteiras/os, as/os
   
Centro do que se recolle: Gondomar
   
Vinculación coa persoa: p.p.
   
Historia e orixe:

O bisavó da súa avoa, traballou nunha fábrica de mistos. Dende aquela todos os veciños daquela zona coñecíanos
polos Misteiros. A xente que segue vivindo alí segue coñecendo á súa familia paterna por este alcume

   
Temática: Profesión
   
Outros:

-



Alcume: Miúdas/os, as/os
   
Centro do que se recolle: A Cabreira, S. Pedro da Ramallosa (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Aspecto físico
   
Outros:

A palabra miúdo significa de pequeno tamaño. O alcume pode facer alusión ao tamaño dos membros da familia.



Alcume: Mixucas/os, as/os
   
Centro do que se recolle: Nigrán
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Antropónimo
   
Outros:

Posible hipocorístico.



Alcume: Molineras/os, as/os
   
Centro do que se recolle: Nigrán
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Outros
   
Outros:

-



Alcume: Mona, as/os da
   
Centro do que se recolle: -
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

Casou cun home tan feo que lle comezaron a chamar "a Mona".

   
Temática: Aspecto físico
   
Outros:

-



Alcume: Monechas/os, as/os
   
Centro do que se recolle: Camos (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Antropónimo
   
Outros:

Pode ser unha alteración de Manecho (Hipocorístico de Manuel) cruzado con mona.



Alcume: Montañesas/montañeses, as/os
   
Centro do que se recolle: Nigrán
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Procedencia
   
Outros:

Posiblemente ou veñan dunha zona de montaña ou sexan cántabros (zona coñecida como a montaña).



Alcume: Moreira, as/os
   
Centro do que se recolle: Nigrán
   
Vinculación coa persoa: p.p.
   
Historia e orixe:

Era un apelido que pasou a converterse en alcume.

   
Temática: Apelido, Topónimo
   
Outros:

Apelido toponímico do nome da árbore. Existen moitos topónimos con este nome, entre eles unha Parroquia de Ponteareas.



Alcume: Moreiras, as/os
   
Centro do que se recolle: Nigrán
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Apelido
   
Outros:

Ver Moreira, as/os.