Alcume:
   
Área de recollida:  
   
Vinculación coa persoa:
   
Historia e orixe:
   
Motivación:
   
Outros:



Alcume: Marzoa, as/os
   
Centro do que se recolle: Nigrán
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

Procede de Lope de Marzoa, antepasado mercader do século XV.

   
Temática: Apelido, Topónimo
   
Outros:

Marzoa é un apelido común da provincia da Coruña que procede dunha parroquia do concello de Oroso. Lope de Marzoa é considerado un dos fundadores da USC.



Alcume: Matacáns, as/os
   
Centro do que se recolle: Nigrán
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Plantas, Topónimo
   
Outros:

Existe unha planta chamada matacán. É probable que o alcume veña dun lugar dese nome (hai en Rianxo, Santiago de
Compostela e outros trece microtopónimos por Galicia.) O topónimo ou ben designa unha planta ou é anecdótico.



Alcume: Mazarocas/os, as/os
   
Centro do que se recolle: Couso (Gondomar)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

Chamábanse así por seren baixos e repoludos.

   
Temática: Aspecto físico
   
Outros:

A palabra mazaroca significa 'espiga de millo' pero probablemente a motivación é o aspecto. 



Alcume: Meca/o, a/o
   
Centro do que se recolle: Gondomar
   
Vinculación coa persoa: p.n.
   
Historia e orixe:

O tataravó tiña un carácter déspota e luxurioso. 

   
Temática: Calidade, Xentilicio
   
Outros:

Meco é o sobrenome que se aplica aos habitantes do Grove. 



Alcume: Medoñas, as/os de
   
Centro do que se recolle: Priegue (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

Débese a que o lugar onde habitan chámase Medoña.

   
Temática: Topónimo
   
Outros:

O lugar é un núcleo habitado e chámase así porque había un monumento prehistórico funerario (Mámoa). Medoña é un
derviado do latín META 'montículo'. Hai 5 lugares homónimos e 2 deles están no Salnés. en Ribadumia e Meis.



Alcume: Medrinas/os, as/os
   
Centro do que se recolle: -
   
Vinculación coa persoa: p.n.
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Outros
   
Outros:

-



Alcume: Melenas, a/o
   
Centro do que se recolle: Vilariño, S. Pedro da Ramallosa (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Aspecto físico
   
Outros:

Probablemente se tratase dunha persoa co pelo moi longo.



Alcume: Melon(a), a/o
   
Centro do que se recolle: -
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Aspecto físico, Apelido, Topónimo
   
Outros:

Pode deberse a que a persoa en cuestión posuía unha cabeza moi grande semellante a un melón. Probablemente procede dun apelido toponímico Melón do concello de Ourense.



Alcume: Mendez, as/os de
   
Centro do que se recolle: -
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

Procedente do apelido Méndez.

   
Temática: Apelido
   
Outros:

É un apelido exclusivo galego (en castelán Menéndez).



Alcume: Mentireiras/os, as/os
   
Centro do que se recolle: Chaín (Gondomar)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

Segundo o meu avó, a familia recibe este alcume porque un antepasado contaba moitas mentiras. De feito, chegou a vender unha tomada de eucaliptos que non era da súa propiedade. Déronlle o sinal e el quedou co diñeiro. Finalmente, o que comprou a tomada quedou sen os cartos e sen a tomada de eucaliptos. Como alguén da parroquia diga unha mentira, xa se lle di que parece da familia dos Mentireiros, aínda que non o sexa.

   
Temática: Calidade
   
Outros:

-