Alcume:
   
Área de recollida:  
   
Vinculación coa persoa:
   
Historia e orixe:
   
Motivación:
   
Outros:



Alcume: Jovitas, as/os
   
Centro do que se recolle: -
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Antropónimo
   
Outros:

A idade media das portadoras deste nome é de case 70 anos. Concéntranse nas provincias de Ourense e Lugo.



Alcume: Juste, as/os
   
Centro do que se recolle: Camos (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: p.p.
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Apelido, Topónimo
   
Outros:

É un apelido toponímico e vén do xenitivo do nome persoal "Iustus" en latín. É probable que a familia veña de Redondela ao existir un un topónimo neste Concello.



Alcume: Laranxo(s), as do/os
   
Centro do que se recolle: Nigrán
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Plantas
   
Outros:

-



Alcume: Latas/os, as/os
   
Centro do que se recolle: Baiona
   
Vinculación coa persoa: p.n.
   
Historia e orixe:

Porque o seu bisavó Juan tiña o nariz moi chato e nesa zona a iso lle chamaban lato.

   
Temática: Aspecto físico
   
Outros:

É improbable que exista unha relación entre o físico do avó da familia e que o chamasen lato.



Alcume: Lenguas, a do/o
   
Centro do que se recolle: Camos (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

Falaba moito.

   
Temática: Calidade
   
Outros:

-



Alcume: Levada, as/os da
   
Centro do que se recolle: Camos (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

Polo regato con levada

   
Temática: Topónimo
   
Outros:

Etimoloxía: Aqua Lata > Auga Levada, refírese a unha canalización de auga.



Alcume: Liberatas/os, as/os
   
Centro do que se recolle: Priegue (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Antropónimo
   
Outros:

Descendentes dunha Liberata. Nome posterior ao século XVIII, cando se latinizou "Librada".



Alcume: Lideiras/os, as/os
   
Centro do que se recolle: Chaín (Gondomar)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

Chámanlles así porque non paran quietos. 

   
Temática: Calidade
   
Outros:

-



Alcume: Limeñas/os, as/os
   
Centro do que se recolle: Gondomar
   
Vinculación coa persoa: p.n.
   
Historia e orixe:

Un familiar partíu cara Lima, a capital de Perú, polo tanto a esa parte da familia se lles chamou "Os Limeños".

   
Temática: Procedencia
   
Outros:

É posible que se utilizase de xeito humorístico e burlesco para referirse á xente de Ponte de Lima, Portugal.



Alcume: Lobas/os, as/os
   
Centro do que se recolle: Nigrán (Νigrán)
   
Vinculación coa persoa: p.n.
   
Historia e orixe:

Eran moitas persoas e eran coma unha manda.

   
Temática: Animal
   
Outros:

-