Alcume:
   
Área de recollida:  
   
Vinculación coa persoa:
   
Historia e orixe:
   
Motivación:
   
Outros:



Alcume: Aserrachíns, as/os
   
Centro do que se recolle: Sabarís (Baiona)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

Esta familia ía case todos os días ó monte cortar madeira das árbores. Sempre levaban con eles unha serra xigante
que tiñan que utilizar entre dúas persoas (cada unha nun extremo). Cando remataban de cortar a leña acababan todos
cheos de serrín e moi sucios, polo tanto, a xente comezoulles a chamar os Aserrachíns, alcume que segue vixente
nesta familia a día de hoxe.

   
Temática: Profesión
   
Outros:

-



Alcume: Asturianas/os, as/os
   
Centro do que se recolle: Gondomar
   
Vinculación coa persoa: p.n.
   
Historia e orixe:

Vén do pai da súa tataravoa, el sempre estaba de chanza e sempre que chegaba a algún sitio dicía: “Viva Asturias!!” a xente acabou chamándoo o asturiano, sen ter nada que ver con coa Comunidade de Asturias. Dende aí a súa familia foi identificada co alcume dos asturianos.

   
Temática: Outros
   
Outros:

-



Alcume: Atroces, as/os
   
Centro do que se recolle: Nigrán
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Calidade
   
Outros:

O adxectivo "atroz" fai referencia a algo que se fai con moita maldade ou crueldade. Pode tratarse, polo tanto, dunha familia coñecida pola súa crueldade. 



Alcume: Avellanas/os, as/os
   
Centro do que se recolle: Nigrán
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Outros
   
Outros:

Podería facer referencia a unha familia que cultiva ou vende avelás. 



Alcume: Avillóns, as/os
   
Centro do que se recolle: Priegue (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Plantas
   
Outros:

Pode tratarse dunha variante de avilleira (planta). VER ABILLÓNS



Alcume: Barcalleiras, as/os
   
Centro do que se recolle: Panxón (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Topónimo
   
Outros:

A Barcalleira é un lugar da parroquia de Panxón.



Alcume: Barrabís, as do/os
   
Centro do que se recolle: Panxón (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Topónimo, Calidade
   
Outros:

Barrabís non aparece recollido no dicionario, pero si barrabás: persoa mala, traviesa, por alusión á personaxe bíblica.
Outra explicación pode ter que ver co topónimo Balvís, en Matamá. Do latín "bela vista".



Alcume: Barrantesas, as/os das
   
Centro do que se recolle: "Xunqueira, S. Pedro da Ramallosa (Nigrán)"
   
Vinculación coa persoa: p.n.
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Topónimo
   
Outros:

Topónimo da parroquia de Barrantes en Tomiño



Alcume: Barreiras/os, as/os
   
Centro do que se recolle: Priegue (Nigrán)
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Topónimo
   
Outros:

Topónimo da parroquia de San Pedro.



Alcume: Barreiras/os, as/os
   
Centro do que se recolle: Nigrán
   
Vinculación coa persoa: -
   
Historia e orixe:

-

   
Temática: Outros
   
Outros:

-