Section outline

    • Faro de Vigo: África González recibe con orgullo o premio do IES Val Miñor

      Actualmente é a presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía e catedrática da Universidade de Vigo, onde tamén dirixe o Centro de Investigación Biomédica.  Ademais da súa carreira investigadora, África González destaca tamén na súa faceta emprendedora como cofundadora de Nanoimmunotech, unha compañía que actualmente desenvolve nanopartículas e produtos de diagnóstico para farmacéuticas e empresas biotecnolóxicas de 45 países. Recentemente, foi incluída entre as 12 finalistas dos premios europeos ás mulleres innovadoras que concede a Comisión Europea.