O alumnado que teña pendente a materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º ESO deberá recuperala de acordo co seguinte procedemento:
• Resolución de esquemas e coleccións de exercicios: as tres coleccións de exercicios estarán a disposición do alumnado na aula virtual do centro, e este deberá entregalas resoltas nos prazos establecidos para a súa corrección.
• Realización de tres exames presenciais da materia, cos contidos de cada unha das partes.
• Estes exames suporán o 60 % da nota; o 40 % restante corresponderá ás actividades das diferentes quendas de exercicios.
• Considerarase aprobado un parcial cando a nota resultante de aplicar a ponderación indicada no punto anterior (60 % do exame e 40 % das actividades) sexa igual ou superior a 5.
• Considerarase aprobada a materia cando a nota media dos tres parciais non sexa inferior a 5, sendo necesario obter unha nota mínima de 4 en cada parcial para poder facer a media.
• Os parciais suspensos poderán recuperarse no terceiro exame.
• As datas dos exames están indicadas máis abaixo neste documento.
• O alumnado estará titorizado polos profesores Javier Leyenda Souto e Víctor Manuel Táboas Costas.
1ª Parte
Estas actividades entregaranse antes do luns 2 de novembro de 2026. Non se recollerán despois desa data.
• Os exercicios realizaranse en folios.
• Copiaranse os enunciados de todos os exercicios.
• Entregaranse a un dos profesores titores antes da data indicada anteriormente.
2ª Parte
Estas actividades entregaranse antes do luns 15 de febreiro de 2027. Non se recollerán despois desa data.
• Os exercicios realizaranse en folios.
• Copiaranse os enunciados de todos os exercicios.
• Entregaranse a un dos profesores titores antes da data indicada anteriormente.
3ª Parte
Estas actividades entregaranse antes do luns 10 de maio de 2027. Non se recollerán despois desa data.
• Os exercicios realizaranse en folios.
• Copiaranse os enunciados de todos os exercicios.
• Entregaranse a un dos profesores titores antes da data indicada anteriormente.
Datas dos exames:
• Primeira proba: mércores 11 de novembro de 2026 (5ª hora).
• Segunda proba: mércores 24 de febreiro de 2027 (5ª hora).
• Terceira proba: mércores 19 de maio de 2027 (5ª hora).
- Teacher: Pablo Mosquera Rouco
- Teacher: Víctor Manuel Táboas Costas