Section outline

    • Enlace ao Instagram

      O luns 15 de decembro do 2025 tivemos a sorte de contar coa presenza do equipo de Radio Pontevedra Alfonso, Ivan e Luz Espiño para colaborar e explicar o funcionamento do equipo ao noso alumnado da Radio Escolar “A Torre” 🎤
    • Somos finalistas nas dúas categorías dos Premios José Hermida II de Radio Pontevedra!!! Co podcast #BingosoManolo e coa entrevista á escritora Eva Mejuto na categoría de Edicións Xerais.


      Escoita todos os proxectos finalistas na seguinte ligazón:


      Finalistas Premios Jose Hermida II


      Lembrarvos que a gala do día 8 de maio a partir das 10:45h  podedes vela na canle de Youtube de Radio Pontevedra pero tamén vai ser retransmitida por radio a través da 92.7 FM e da aplicación móbil da cadea ser buscando Radio Pontevedra.

      Directo da Gala da entrega dos II premios José Hermida

    • Actuación na retransmisión PNO 2026 co podcast #Bingosomanolo e actuación musical do poema Doente polo alumnado de 3º ESO

        

       

    • Neste podcast da radio escolar A Torre presentamos unha serie de entrevistas nas que damos voz as Concelleiras e aos Concelleiros que nos representan na política municipal do Concello de Pontevedra a través das preguntas dos nosas locutoras e locutores de 1ºESO, Alba Perea, Tomás Pérez, Olivia Ramíres, Xiana Raposo e Vega Curra.

    • Neste podcast da radio escolar A Torre presentamos unha serie de entrevistas nas que damos voz as Concelleiras e aos Concelleiros que nos representan na política municipal do Concello de Pontevedra a través das preguntas dos nosas locutoras e locutores de 1ºESO, Alba Perea, Tomás Pérez, Olivia Ramíres, Xiana Raposo e Vega Curra.

    • Neste podcast da radio escolar A Torre presentamos unha serie de entrevistas nas que damos voz as Concelleiras e aos Concelleiros que nos representan na política municipal do Concello de Pontevedra a través das preguntas dos nosas locutoras e locutores de 1ºESO Tomás Pérez, Olivia Ramírez, Xiana Raposo e Mario González.

    • O noso equipo de podcast deportivo está formado por voces apaixonadas, críticas e sempre preparadas para analizar a actualidade con rigor e bo humor. Comentamos partidos, repasamos xogadas decisivas, debatemos tendencias, compartimos opinións arriscadas e achegamos entrevistas e historias que van máis alá do marcador. Un espazo dinámico, entretido e pensado para quen vive o deporte con intensidade e ganas de saber máis.

    • Con Lía e Valle como locutoras,  onde exploran as sorprendentes coincidencias e predicións que converteron Os Simpsons nun fenómeno que vai máis alá da televisión. Cada episodio analiza momentos icónicos da serie, teorías, curiosidades e o lado máis inesperado de Springfield. Un podcast divertido, lixeiro e cheo de nostalxia para fans e persoas curiosas por igual.
    • Comezamos esta segunda temporada de Predicciones Amarillas con novo Equipo de radio Miguel Rodriguez, Cloe Piñeiro, Manuel Páez y Valle García onde continuamos explorando as sorprendentes coincidencias e predicións que converteron Os Simpsons nun fenómeno que vai máis alá da televisión. Cada episodio analiza momentos icónicos da serie, teorías, curiosidades e o lado máis inesperado de Springfield. Un podcast divertido, lixeiro e cheo de nostalxia para fans e persoas curiosas por igual.

    • Un podcast creado polo alumnado do Equipo de Igualdade do IES Valle-Inclán, para falar claro sobre igualdade, respecto, diversidade e convivencia, onde podemos atopar reflexións, entrevistas, traballos e presentacións  dende as nosas aulas.

    • Neste podcast da radio escolar A Torre presentamos unha serie de entrevistas nas que damos voz a diferentes persoas da nosa comunidade educativa. A través destas conversas, coñecemos as súas experiencias, opinións e puntos de vista sobre temas de interese para o alumnado. O obxetivo deste programa é informar, aprender e fomentar a participación, creando un espazo de comunicación próximo e enriquecedor para todos os oíntes.

    • Onde atoparás as últimas novidades e gustos musicais do noso alumnado do Valle Inclán coordinado por Xiana  Raposo e Alba Perea de 1ºESO.

    • Crónica quincenal dos partidos do FC Pontevedra locutada por Hugo Fiuza e Alejandro Caballero de 1º de Bach D.

    • A entrevista máis esperada con dúas das persoas máis importantes do Pontevedra CF a súa presidenta, Lupe Murillo, e o capitán do equipo, Álex González.