Section outline

  • REALIZACIÓN DE VIDEOTITORIAIS: VokoscreenNG OU SCREENCAST-O-MATIC

    • A mellor opción para gravar videotitoriais é este programa: VokoscreenNG que podemos descargalo gratuitamente para windows e linux. Non ten límite de duración na grabación, non introduce marca de auga  e permite gravar a pantalla e se queremos a nosa webcam ao mesmo tempo. 

       

    • Esta ferramenta on-line permite facer videotitoriais gratuitamente dun máximo de 15 minutos cunha marca de auga na esquina inferior esquerda que non molesta e nos que se ve o rato moi ben para que o noso alumnado poida seguir perfectamente o vídeo. Pode verse a pantalla, a nosa cámara ou ambas á vez.