

- Teacher: Óscar Rodríguez García

A Historia Contemporánea delimítase como a etapa histórica que se inicia a finais do século XVIII coa chamada “dobre revolución” —a Revolución Francesa e a Revolución Industrial— e que se estende ata o presente. Esta periodización baséase na idea de que desde entón o mundo entrou nun proceso de transformación acelerada, marcado pola industrialización, o liberalismo político e a expansión capitalista.
A súa relevancia radica en que fornece as claves para comprender o mundo actual: a aparición da sociedade de masas, a configuración dos estados liberais e democráticos, os movementos sociais, a globalización e os retos do século XXI. Tal como sinala o currículo galego de 1º de bacharelato, o estudo desta etapa “permite entender o presente e adoptar compromisos ante os retos do século XXI”

- Teacher: Óscar Rodríguez García
Un dos obxectivos fundamentais da Historia do Mundo Contemporáneo é o coñecemento e a comprensión dos feitos e procesos históricos desenvolvidos desde o século XIX, coñecemento que se considera básico para entender o presente e a sociedade actual, xa que tanto un como a outra forman parte dun proceso inacabado que se configura con elementos herdados do pasado. É precisamente este carácter de comprensión da sociedade na que vivimos o que fai que o estudo da Historia do Mundo Contemporáneo sexa materia básica en determinados cursos do Ensino Secundario .
- Teacher: María Luisa Ahijado Flores