Este curso trata sobre a materia de Empresa e deseño de modelos de negocio.

Impártese en 2º curso do bacharelato.

Ten como finalidade que o alumnado comprenda e analice como responden as empresas aos desafíos que se lles presentan.

Persegue dous obxectivos:

1) Aproximar o alumnado ao coñecemento da empresa como catalizador do desenvolvemento económico, salientando a innovación como aspecto fundamental da actividade empresarial, e aos valores propios da responsabilidade social corporativa.

2) Fomentar unha cultura emprendedora que potencia a creatividade, o espírito da innovación, a reflexión crítica e a toma de decisións fundamentais que permitan deseñar unha proposta de modelo de negocio e analizar a súa viabilidade.