Este curso trata sobre a materia de Economía. Trátase dunha materia de 1º curso do bacharelato.

Coa materia de Economía trátase de aproximar o alumnado ao coñecemento da economía de maneira introdutoria, para entender a sociedade na que vive, espertar o seu interese e promover iniciativas dirixidas a actuar sobre a propia realidade, tras unha análise crítica desta, e tomar de maneira razoada e responsable as súas propias decisións, con repercusión económica e financeira tanto no ámbito individual coma colectivo, para que lles sirva de base non só a aqueles alumnos e alumnas que decidan estudar posteriormente esta disciplina, senón tamén aos que orienten o seu itinerario académico noutra dirección e desexen adquirir unha cultura económica xeral necesaria para participar dunha forma activa no desenvolvemento dos retos da economía actual.