Protocolo de uso das taquillas
-
Todo o alumnado de ESO ten a obriga de facer uso da taquilla que se lle asigne para gardar os ordenadores de Edixgal (e outras pertenzas) cando non os vaian usar.
-
Para comezar a facer uso da taquilla cada alumno traerá ao comezo do curso o seu propio candeado de tamaño mediano (de 30 mm) con dúas chaves e aportará 5 € de fianza. Unha chave deberá entregala no centro ata final de curso e o alumno usará a outra.
-
A final de curso devólvense a chave e máis os 5 € sempre que non haxa danos e que non se tivese que facer duplicados das chaves por perda.