PROTOCOLO DE USO DAS AULAS EDIXGAL



NORMAS DE USO DAS AULAS EDIXGAL



O alumnado da ESO será adxudicado no primeiro curso que se matricule no centro cun portátil/cargador/maletín que poderá levar a casa e será responsable da súa custodia e reparación a través do servizo Premium (Tfno 881869900, whatsapp 604067856)


As aulas Edixgal están dedicadas ao alumnado da ESO , nelas o alumnado ten un armario cargador aberto e baleiro onde pode cargar o portátil. Ditas aulas poderán ser utilizadas por outro alumnado do centro que deberá seguir as mesmas normas e especificacións en canto a portátil do profesorado e proxector.


Polo tanto, e como norma xeral, cando o alumnado da ESO saia da súa aula o seu portátil deberá estar gardado no seu propio casilleiro pechado con candeado ou ben levalo consigo. A mesa deberá deixala despexada.


No recreo non se poden deixar portátiles sen gardar nos propios casilleiros e a aula deberá ser pechada polo profesorado.


Calquera incidencia en ditas clase deberá ser comentada o antes posible ou ben ao coordinador Edixgal ou ao coordinador TIC.




Normativa Edixgal



  1. Entrega e recollida dos portátiles

Os portátiles do alumnado entregaranse nas primeiras semanas de Setembro ao alumando de 1º de ESO así como ao alumando novo que se incorpore en 2º,3º ou 4º pois o alumnado que pasa de curso continua co seu ordenador no verán.

O ordenador é unha cesión da Xunta ao alumnado e polo tanto os pais/titores do alumnado firmarán un documento de cesión no que se o seu fillo se compromete a coidalo e facer un uso responsable del . Os problemas debidos a neglixencias ou mal uso por parte do alumnado deberán ser reparadas polos pais/titores ao seu custo . Para iso ten un Servizo Premium que lles dirá como ten que facer para arranxalo . O teléfono do Servicio Premium é 881869900. Para prever posibles incidencias, existe a disposición das familias a posibilidade de facer seguro de rotura por uns 49 anuais. Pódese contratar chamando ao servizo premium ou ao tfno 881 505 136 ou ben indo a páxina web seguinte para a tramitación do Servizo Integral de Reparación.

https://coberturasir.plexus.es/

No remate de ESO o alumnado que promociona deberá entregar portátil e cargador en perfecto estado, borrado todos os ficheiros persoais e asinará un documento de recollida que da fe de que isto se cumpre. Na recollida se comprobará o bo funcionamento e carga do ordenador. Do contrario deberá reparar os danos ata entregar o equipo tal como lle foi entregado.


  1. Garda e custodia dos portátiles

Tanto o portátil como o cargador levan un número de serie e están asociados ambos os dous con un alumno/a concreto . Deste xeito, se un alumno entrega un cargador distinto do que lle deron en setembro terá desaparellado portátil e cargador. A perda do cargador portátil significa a compra doutro e isto ten que ser comentado ao Servicio Premium que lles dirá como facer .

O portátil deberá vir cargado da casa ao centro todos os días para poder levar a cabo as tarefas encomendadas polo profesorado ao longo da mañá.

O cargador poderá deixarse na casa posto que o alumnado ten en cada clase un armario para poder recargalo en caso de que se lle acabe a batería.

En caso de que o profesorado vexa que alumno repite unha conducta neglixente de abandono do portátil, este poderá ser retirado da custodia do alumno coa correspondente sanción, gardado no centro e usado polo alumno ao longo da mañá , volvéndose a ser almacenado no centro na última hora.

Se o alumno en cuestión amosa un cambio de conducta con responsabilidade e madurez na custodia do portátil, este poderá volver a ser entregado ao alumno/a.


  1. Uso do software

O alumnado non poderá descargar ningún programa no ordenador .

A visita en Internet de páxinas web perigosas para menores será apercibida como una falta de mala conducta e será motivo de sanción disciplinaria .

Na casa, recomendamos aos pais a vixianza deste tipo de navegación porque pode supoñer un perigo para o seu fillo/a . Na web do instituto estarán documentados no epígrafe “Aulas Edixgal” uns consellos sobre seguridade na rede O portátil vén cunha instalación do sistema operativo chamado “maqueta abalar” que contén programas propios para uso do alumnado.




Última modificación: luns, 23 de setembro de 2024, 9:19 PM