Actividades voluntarias do libro interactivo multimedia
A tarefa que vos propoño a continuación ten un carácter voluntario, e servirá para subir nota no apartado correspondente. A actividade é moi sinxela, pero debe cumplir todos os requisitos para poder ser valorada positivamente, polo que prestade atención e seguide os pasos atentamente:
1. Preme no enlace onde pon apuntamentos e actividades de aprendizaxe de deportes individuais, para acceder ao libro multimedia correspondente.
2. Navega polo libro interactivo multimedia lendo, vendo vídeos, escoitando audios e practicando o aprendido nas diversas tarefas que alí aparecen.
3. Escolle 10 actividades do tema (crucigramas, formación de parellas, test, exercicios de completar, de unir,...) os que queras e resólveas.
4. De cada actividade resolta que teñas fai unha captura de pantalla (tecla "impr pa") e pégaa nun documento de texto.
5. O documento debe ter unha portada cos teus datos, a materia e unha foto. Dentro deben aparecer as 10 actividades resoltas.
6. Finalmente pasa ese arquivo a un PDF e entrégao a través da aula virtual.