Ir ao contido principal
aviestdet
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
aviestdet
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. ORTCN
  3. Tema 3. Retos de deportes colectivos (Bloque Xogos e deportes)
  4. Actividades voluntarias do libro interactivo multimedia

Actividades voluntarias do libro interactivo multimedia

Requisitos do completado
Abertas: mércores, 17 de marzo de 2021, 12:00 AM
Pendente: martes, 23 de marzo de 2021, 12:00 AM

A tarefa que vos propoño a continuación ten un carácter voluntario, e servirá para subir nota no apartado correspondente. A actividade é moi sinxela, pero debe cumplir todos os requisitos para poder ser valorada positivamente, polo que prestade atención e seguide os pasos atentamente:

1. Preme no enlace onde pon apuntamentos e actividades de aprendizaxe de deportes colectivos, para acceder ao libro multimedia correspondente.

2. Navega polo libro interactivo multimedia lendo, vendo vídeos, escoitando audios e practicando o aprendido nas diversas tarefas que alí aparecen.

3. Escolle 10 actividades do tema (crucigramas, formación de parellas, test, exercicios de completar, de unir,...) os que queras e resólveas.

4. De cada actividade resolta que teñas fai unha captura de pantalla (tecla "impr pa") e pégaa nun documento de texto.

5. O documento debe ter unha portada cos teus datos, a materia e unha foto. Dentro deben aparecer as 10 actividades resoltas.

6. Finalmente pasa ese arquivo a un PDF e entrégao a través da aula virtual.

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle