Ir ao contido principal
aviestdet
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
aviestdet
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. ORTCN
  3. T 2. Orientación deportiva (Bloque actividades no medio natural)
  4. Actividade 2.3.1: Elaboración do mapa do instituto

Actividade 2.3.1: Elaboración do mapa do instituto

Requisitos do completado
Abertas: mércores, 28 de outubro de 2020, 12:00 AM
Pendente: mércores, 4 de novembro de 2020, 12:00 AM

A actividade consiste en facer un mapa do recinto do instituto empregando como padrón a foto perpendicular feita dende o satélite (ortofoto). O obxectivo é poder empregar despois ese debuxo para poder realizar diferentes actividades e xogos, polo que deberá ser o máis preciso posible. Os pasos serán os seguintes:

Na aula: (10 minutos)

  1. Abre o arquivo adxunto chamado ortofoto IES Terra de Turonio.
  2. Debuxa a man alzada  nun folio o perímetro do centro. 
  3. Incorpora os principais elementos: edificios, ximnasio, pista deportiva, gradas,..

No patio: (30 minutos)

  1. Pasea polo recinto fixándote nos detalles e engade os elementos importantes que non se aprecian ben dende a foto: árbores, papeleiras, postes, fontes, canastras, escaleiras,.. Asegúrate de que colocas todo e na posición axeitada

Na casa: (30 minutos)

  1. Pasa todo a limpo: Calca na casa a ortofoto dende a pantalla do ordenador ou dende unha imaxe impresa. Usa regra e rotulador para que queden as liñas ben feitas. Engade todos os detalles que tiñas no borrador, pero lembra que non debes facer debuxos, se non poñer símbolos para identificar os diferentes tipos de obxectos (cruces, círculos, cadrados,...) de diferentes cores. Finalmente pinta todo para que pareza un mapa de verdade.
  2. Engade nunha esquina do mapa os seguintes detalles:
              .Nome do lugar do mapa 

              .Nome do autor ou autora

              .Lenda: Explicación gráfica dos símbolos que empregaches para identificar os 

               elementos do mapa.


  • Ortofoto IES Turonio.pdf Ortofoto IES Turonio.pdf
    19 de outubro de 2021, 11:04 PM
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle