• Tema 8 . Cesión de ordenadores ao alumnado en Setembro

    • Cesión de ordenadores o alumnado en Setembro

      Ao principio do curso cítase as familias de alumnado novo pola tarde para a entrega dos ordenadores. Fáiselles entrega dun portátil/cargador/maletín/caixa e 2 papeis de responsabilidade do uso do ordenador a asinar. Un dos papeis é para o centro e outro para as familias. Con dito papel a familia comprométese a entregar o ordenador nas mesmas condicións nas que o recibiu.

      Lembramos que se pode solicitar un seguro a EDixgal (uns 49€)  que cubre roturas pero non roubos. 

      En caso de que non se teña seguro e o ordenador se rompa, a familia deberá abonar o arranxo.

      O ordenador debe ser levado a casa todos os días e traído de volta ao centro o día seguinte CARGADO.

      No verán as familias faranse cargo do ordenador.

      O ordenador deberá ser devolto ao finalizar 4º ESO en Xuño ou en calquera momento previo se o alumno causa baixa no centro.