• Tema 7. Devolución de ordenador ao centro

    • Devolución do ordenador ao centro:

      O ordenador debe ser entregado con todos os seus compoñentes e na súa caixa tal e como se lles entregou (ordenador/cargador/maletín/caixa).

      O ordenador deberá vir limpo (exterior/teclado/pantalla/funda) e o alumno debe borrar os documentos personais de dentro do ordenador. Tamén deberá retirar todas as etiquetas de nome ou estéticas.

      Na recollida o profesorado analizará os defectos do ordenador e, en caso de que sexan graves, non se recollerá e se lles indicará que deben chamar ao Servizo Premium e arranxar o desperfecto. Unha vez arranxado, pedirán cita no centro para unha nova recollida.

      O vídeo de abaixo amosa como chequeamos o ordenador.

      O alumnado fai o mesmo chequeo unha vez no curso ao seu ordenador na hora de titoría para evitar problemas na recollida final de xuño. Damos así tempo a arranxalo. Cando se entregue un ordenador ao centro deberá vir pai/nai/titor legal con DNI e bolígrafo xa que van ter que firmar a folla de recollida.

      No caso de que veña outra persoa a entregalo, deberá vir co seu propio DNI e unha autorización dos pais/nais/titores legais na que conste nome/apelidos/dni tanto dos pais/titores legais como da persoa autorizada para a entrega. 

      O alumnado non precisa estar na recollida.