EXAME DE SETEMBRO
Section outline
-

Se tes que presentarte ao exame de Educación Física na convocatoria de setembro, probablemente non sexa por falta de aptitude física, se non por falta de traballo. É por iso polo que de cara a ese exame, o único que tes que facer é precisamente iso: traballar. De que o fagas ou non dependerá a túa nota pois de seguro que se o fas o resultado será bó e moi sinxelo de apreciar.
O exame consistirá na realización de dúas probas:
- A primeira delas será un cuestionario tipo test sobre os contidos da materia traballados no presente curso. Para estudialos, poderás empregar a libreta de clase na que anotaches todas as explicacións que fixemos ao comezo de cada clase ou no caso de que non a tiveras (pese a recordárvolo todas as semanas), tamén poderás atopar información nos diferentes temas colgados aquí na aula virtual.
- A segunda delas consistirá nun exame práctico no que terás que facer un total de 5 probas escollidas por ti dun listado de 22, onde poderás escoller de cada bloque de contidos (deportes individuais, de adversario, colectivos, orientación e condición física) un exercicio con valor de 1 ou 2 puntos. Dese xeito configurarás o teu propio exame que terá unha nota de partida de entre 5 (5 exercicios de 1 punto) e 10 puntos (5 exercicios de 2 puntos) ou ben calquera das notas intermedias segundo os que escollas.
A nota final será a suma das dúas partes (puntuada de 0 a 10 cada unha), tendo en conta que a teoría resulta ser 1/3 do total e a práctica os 2/3 restantes.
No caso de que por mor da pandemia non exista a posibilidade de facer os exames presenciais, a parte teórica pasará a contar 2/3 e o restante 1/3 corresponderá coa valoración obtida na realización dun exercicio sobre as actividades da aula virtual. É por iso polo que recomendamos facer esta actividade, pois no caso de ter que chegar a esa situación resulta conveniente poder sumar polos dous apartados (exame e exercicio)
- O exercicio consiste en completar 10 actividades de calquera dos temas onde aparecen actividades voluntarias (Condición física, colectivos, adversario e individuais) e elaborar un documento en PDF coas 10 capturas de pantalla desas actividades ben feitas. Se xa fixeches algunha desas actividades durante o curso, non poderás repetir as mesmas.
De chegar a esa situación, colgaremos máis información nesta aula virtual os días previos sobre as condicións da entrega e a realización do exame.
Así pois xa sabes, estudia un pouco, practica os retos propostos e fai as actividades por se acaso temos que empregalas.
Sorte.