🌟 Benvidos/as ao noso Departamento de Orientación
O noso labor vai encamiñado a orientar mediante o apoio a todos os estamentos do centro para chegar cara a unha educación comprensiva e integradora, que dea resposta a toda a diversidade de alumnado.
🎯 Principais Funcións
- Detectar e avaliar as necesidades educativas do noso alumnado.
- Planificar e propoñer medidas de atención á diversidade que dean resposta ás súas necesidades.
- Dinamizar e apoiar a función titorial do profesorado.
- Apoiar aos alumnos no seu proceso de maduración vocacional e académica.
- Promover unha adecuada interacción e comunicación entre as familias e o centro educativo.
👥 Compoñentes no curso 2025/2026
- Orientadora: Marina Rial Duarte
- Profesora de Pedagoxía Terapéutica (PT): Mª Cruz Canosa González
- Titores de ámbitos: Cristina Conde Carrera e Daniel Esmorís Puñal
- Profesor de Formación e Orientación Laboral (FOL): Miguel Rodríguez Sánchez
⏰ Horario de Atención
Pais/Nais/Titores Legais
Titoría de Pais: Martes ás 12:45h.
Dispoñibilidade horaria con previa petición de cita no teléfono:
881.866.522
Alumnado
Atención directa durante os recreos.