O prazo de formalización de matrícula para o alumnado de ESO e Bacharelato para o curso 2025-26 é do 24 de xuño ao 7 de xullo.
A partir deste ano as opcións para realizar a formalización da matrícula son as seguintes:
- Na secretaría do centro en horario de 9:00 a 14:00 onde teredes dispoñibles os documentos para cubrir a man (como en anos anteriores).
- Descarga dos documentos na web (enlaces máis abaixo) e entrega dos mesmos na secretaría do centro.
- Matrícula en liña.
Documentos para a matrícula en liña:
- Instrucións
- ESO - Modelo editable de autorizacións ACE no concello (cubrir e gardar en PDF para achegar na apliación)
- ESO - Autorización XOGADE
- 1º Bacharelato - Autorización ACE no concello e autorización saídas recreo (cubrir e gardar en PDF para achegar na aplicación)
- 2º Bacharelato - Autorización ACE no concello, saídas recreos e acceso info maiores idade (cubrir e gardar en PDF para achegar na aplicación)
- Impreso transporte