Estimado profesor/a,
Dada a cada vez maior importancia das TIC e da competencia dixital no sistema educativo, dende o IES Sofía Casanova creamos un Espazo TIC para o profesorado no que canalizar todos os aspectos referidos ás tecnoloxías do instituto.
 
importancia deste Espazo TIC para o profesorado radica en:

  • Unha maior comodidade: ao incluír todos os aspectos TIC nunha única interface (incidencias, reservas das aulas de informática, aplicacións, axuda, contacto...).
  • Unha maior facilidade: intenta ser simple, claro e intuitivo. Ademais que ao estar aloxado na Aula Virtual do IES é de fácil acceso, estando restrinxido so para os docentes. Debes acceder coas túas credenciais de usuario e contrasinal da propia Aula Virtual.
 
Para acceder podes facer clic neste enlace: https://centros.edu.xunta.gal/iessofiacasanova/aulavirtual/course/view.php?id=579 Con todo, o profesorado está matriculado dentro da Aula Virtual, polo que xa debería aparecervos por defecto (en caso de que alguén detecte que non está matriculado pregámosvos que nos avisedes).
 
No Espazo TIC para o profesorado poderás acceder aos seguintes apartados:
  • INCIDENCIAS TIC: neste apartado poderás enviar as incidencias TIC nas aulas e equipos do alumnado e profesorado.
  • RESERVA DAS AULAS DE INFORMÁTICA: neste apartado poderás reservar os ocos libres que hai nas tres aulas de informática que temos no centro. So aparecerán aqueles ocos semanais que estean libres, nos cales poderás apuntarte.
  • REXISTRO DE USO DAS AULAS DE INFORMÁTICA: apartado para rexistrar o uso das aulas de informática polo profesorado que serviranos para detectar necesidades. So terás que cubrir un breve formulario.
  • AXUDA TIC: neste apartado terás enlaces ás principais aplicacións corporativas de edu.xunta. Cremos importante que o profesorado nos familiaricemos co uso destas ferramentas que nos proporciona a administración. Irase actualizando de xeito periódico.
  • NOVIDADES TIC: o equipo TIC irá publicando boletíns de información sobre novidades, estado etc. das TICs do centro.
  • EDIXGAL: dado que somos un centro incluído dentro do proxecto Edixgal na ESO, incluímos un apartado con información específica.
  • COMPETENCIAS DIXITAIS NO ALUMNADO (ESO): dende o Grupo de Traballo estamos traballando nun documento de perfil de saída da competencia dixital no alumnado da ESO, cuxa primeira versión podes ver neste espazo.  Con todo, o vindeiro curso melloraremos o documento e faremos infografías do mesmo. A idea é que o alumnado salga cunha serie de competencias dixitais básicas ao finalizar a ESO.
  • CONTACTO: incluímos un foro de preguntas e respostas, para as dúbidas relacionadas coas TIC, así como o contacto das coordinacións TIC do instituto.
 
Este espazo, presentámolo a finais de curso porque é produto do labor do Grupo de Traballo “Traballando coas TIC” dentro do PFPP (Plan de Formación Permanente do Profesorado) desenvolto ao longo deste curso 2023/2024. Somos conscientes de que hai aspectos que mellorar no Espazo TIC para o profesorado, por iso o curso que ven estará plenamente en funcionamento xa dende principio de curso.
 
Invitámosvos a navegar polo Espazo TIC para o profesorado, e por suposto, estamos abertos a que nos enviedes todas as suxestións que creades pertinentes. 
 
Un saúdo do grupo de traballo!
O coordinador, Manuel.


Última modificación: xoves, 6 de xuño de 2024, 4:55 PM