Nesta 2ª Avaliación, en 2º de ESO, trataremos a “resposta do home a Deus”
E, dentro desta reposta veremos que é a “Fe” e que se entende por “Oración”
Sobre “Fe” descubriremos que é ou que se entende por fe. A “fe” como un acto persoal, como “a resposta libre do home á iniciativa de Deus que se revela. Pero a fe non é un acto illado. Ninguén pode crer só, como ninguén pode vivir só. Ninguén se deu a fe a si mesmo, como ninguén se deu a vida a si mesmo. O crente recibiu a fe doutro, debe transmitila a outro. O noso amor a Xesús e aos homes impúlsanos a falar a outros da nosa fe. Cada crente é como un elo na gran cadea dos crentes. Eu non podo crer sen ser sostido pola fe dos outros, e pola miña fe eu contribúo a soster a fe dos outros” (Catecismo da Igrexa Católica. Cap. III, Art. 2).
No que respecta a “Oración” tamén descubriremos que é orar, como e cales son as principais oracións cristiáns. Todos os homes están chamados á comunicación con Deus. Deus é o que toma a iniciativa na oración, poñendo en cada un o desexo de buscarlle, de falarlle, de compartir con El a propia vida. A persoa que reza, que se dispón a escoitar a Deus e a falarlle, responde a esa iniciativa divina. Cando se reza, é dicir, cando se fala con Deus, o que ora é todo o home. E, será Xesús, como se nos relata no Novo Testamento quen nos ensina a falar con Deus, a falarlle como a un pai, é o que se coñece como o “Nosopai”.
- Teacher: Joaquín José García Fonte