Nesta 1ª Avaliación trataremos de descubrir: Quen foi Xesús de Nazaret?, as Profecías que anunciaban a súa vinda, o seu nacemento, como foi adorado por uns pastores, a adoración duns homes sabios que viñan de Oriente.

Os relatos referentes ao nacemento e infancia de Xesús proceden exclusivamente dos evanxeos de Mateo (Mt 1,18-2,23) e de Lucas (Lc 1,5-2,52). Non hai relatos deste tipo nos evanxeos de Marcos e Xoán.

Os textos evanxélicos principian relatando que Xosé tivo que acudir a Belén de Xudea dende a cidade de Nazaret, o acompañaba María a súa esposa, que estaba encinta, para empadroarse por ser da casa e familia do rei David. Estando alí deu a luz ao seu fillo primoxénito, envolveulle en cueiros e deitoulle nunha manxadoira pois non había pousada para eles.  E, uns pastores, que durmían ao raso e vixiaban por quenda os seus rabaños, avisados por un anxo do Señor de que nacera un Salvador, Cristo, o Señor, e oíndo unha multitude do exército celestial que cantaba, gloria a Deus nos ceos e paz aos homes de boa vontade, foron a fume de carozo ao cortello e atopan a María, Xosé e ao Neno Deus”.