En 4º de ESO trataremos da “Historia da Igrexa” dende os seus orixes ate a actualidade, no pontificado do Papa Francisco. Non podemos entender realmente a historia da Igrexa se non temos presente que a esta tenta de dar continuidade da misión de Xesucristo na historia humana, obedecendo o seu mandato “Ide, pois, e facede discípulos meus a todos os pobos, bautizándoos no nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo; ensinándolles a gardar canto vos mandei. Asegúrovos que eu estarei sempre convosco ata a fin do mundo (Mt 28,19-20).

Nesta 1ª Avaliación trataremos de coñecer como foron os inicios da Igrexa, a vida dos primeiros cristiáns, a relación co Imperio romano e as persecución, para chegar a Idade Media, un tempo de 1000 anos, no que a Igrexa terá unha grande relevancia tanto no plano político como no social ou cultural.

Para aprobar a avaliación se realizará un traballo no que se inclúan os contidos que se facilitan nos apuntes. Sería convinte que se faga unha ampliación destes contidos buscando información tanto na web como por libros sobre este tema.