Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de control das operacións das plantas de proceso químico e de coxeración de enerxía e servizos auxiliares asociados.
As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:
– Control de parámetros fisicoquímicos no proceso químico industrial.
– Organización do procedemento normalizado de mostraxe.
– Control das variables no proceso químico industrial.
– Regulación de procesos químicos mediante lazos de control.
– Programación de controis lóxicos.
– Xestión de sistemas de control avanzado.
As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo han versar sobre:
– Medidas de parámetros fisicoquímicos.
– Plans de mostraxe.
– Control básico e avanzado das variables do proceso.
– Automatización e mellora de procesos.
– Supervisión do mantemento básico dos equipamentos.
– Aplicación das medidas de seguridade e dos equipamentos de protección individual na execución operativa.
– Aplicación de criterios de calidade en cada fase do proceso.
– Aplicación da normativa de protección ambiental relacionada cos residuos, os aspectos contaminantes e o seu tratamento.
– Detección de fallos e desaxustes na execución das fases do proceso, mediante a veri-ficación e a valoración do produto obtido.
- Autor de Cursos: Alba Souto Rodríguez