Publícase o calendario de fin de curso e de exames da avaliación final ordinaria e extraordinaria de 2.º de Bacharelato-Adultos correspondente ao presente curso 2025/26. Poden consultar toda a información nos documentos adxuntos.
Achégase tamén o calendario de exames da avaliación final ordinaria de materias de 1.º Bacharelato para o alumnado de 2.º de Bacharelato con materias de 1.º de Bacharelato que adiantou a avaliación final ordinaria (ORD I) en maio, adecuando as datas para a PAU (proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade). Tamén o calendario de exames da convocatoria final extraordinaria (EXTR I).
O alumnado de 2.º de Bacharelato con materias de 1.º de Bacharelato que non adiantaron a avaliación ordinaria (farán a ORD II) e para os que non superen algunha materia, o calendario de exames da EXTR II.
O alumnado ten ata o 13 de abril de 2026 para comunicar se queren adiantar esta avaliación das materias de 1.º Bacharelato. Deberán recoller e entregar o impreso en Xefatura de Estudos.
