Documentación matrícula
Sobre de matrícula a recoller na conserxería do centro, fotocopia DNI/NIE, certificación académica* (alumnado novo no centro), 2 fotos tamaño carné. Menores de 28 anos 1,12 € de seguro escolar.
*Importante ESPA: quen non dispoña de certificación académica deberá realizar unha proba de valoración inicial de aprendizaxe (proba VIA) para ser adscrito ao módulo adecuado. Pode cubrir o impreso para apuntarse na proba, do 1 de xuño ao 11 de setembro, na secretaría do centro.
Data da proba de Valoración Inicial de Aprendizaxe (Proba VIA) |
14 setembro 2026 - 17.00 h.- Biblioteca |
1.º e 2.º Bacharelato | |
Prazo de matrícula | Comezo das clases |
do 1 ao 21 de setembro de 2026 | 9 de setembro 17:00 h |
ESPA III e IV (Educación secundaria para persoas adultas) | |
Prazo de matrícula | Comezo das clases |
do 1 ao 8 de setembro de 2026 | 16 de setembro 18:30 h |
Información das ensinanzas da ESPA
É unha ensinanza voluntaria e gratuíta que na modalidade presencial ten as seguintes características:
As clases presenciais son diarias e os horarios de 18:30 h a 21:45 h.
Validez académica oficial para continuar outros estudos ou para a inserción no mundo laboral.
Módulos e ámbitos:
A ESPA está dividida en catro módulos equivalentes a 1.º, 2.º, 3.º e 4.º da ESO (no IES Santa Irene ofértase ESPA III e IV no 1.º cuadrimestre (do 16 de setembro á primeira semana de febreiro) e no 2.º cuadrimestre (da segunda semana de febreiro ao 21 de xuño).
En cada un dos cuadrimestres pode cursar un módulo, polo tanto, nun ano académico (de setembro a xuño) pode cursar dous módulos e no 2.º cuadrimestre pode repetir os ámbitos suspensos no 1.º cuadrimestre, de ser o caso.
Cada módulo (ESPA III e ESPA IV) consta dos seguintes ámbitos:
1. Ámbito CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO; 2. Ámbito SOCIAL; 3. Ámbito de COMUNICACIÓN
Materiais:
Os materiais empregados serán os que indique o/a profesor/a de cada ámbito.
Avaliación:
Non pode ser avaliado dun ámbito sen ter aprobado o mesmo ámbito no módulo anterior.
