Publicada a ORDE do 29 de abril de 2026 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2026/27 (códigos de procedemento ED330B I, ED330B II, ED330G e ED330H).
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día 19 de maio de 2026 e rematará o día 19 de xuño de 2026 (este incluído).
Presentación de solicitudes
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación informática (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Resumo do fondo e axudas

