É un pracer darvos a benvida a unha nova edición do Club de Ciencia, un espazo de aprendizaxe, intercambio de ideas e colaboración que, sen dúbida, será moi enriquecedor para todos e todas nós ao longo deste curso.
Convidámosvos á primeira reunión do Club, que terá lugar o vindeiro luns, día 16 de decembro ás 15:30h. Encontrarémonos no vestíbulo do centro, dende o cal nos dirixiremos a algunha aula libre para coñecernos, así como fixar o horario de reunións habituais, que se desenvolverán de forma semanal ou cada dúas semanas, segundo as vosas preferencias e dispoñibilidade.
Agradécese a confirmación de asistencia para mellorar a organización do encontro dirixindo un correo ao enderezo electrónico victor.vila@edu.xunta.gal do coordinador.