Mes da muller e a nena na Ciencia no IES Illa de San Simón O alumnado de 4º da ESO B da materia de bioloxía e xeoloxía ten o gusto de presentar unha serie de podcasts sobre mulleres científicas. Marie Curie, Rosalind Franklin, Ángeles Alvariño, Lynn Margullis e Jane Goodall serán algunhas das voces que escoitaredes no noso programa. Neste primeiro programa Uxía Castro entrevistará a Sabela Costa que se reencarnará en Marie Curie, unha científica polaca-francesa pioneira no estudo da radioactividade, sendo a primeira muller en gañar un Premio Nobel e a única en obtelo en dúas disciplinas científicas distintas: física e química. O traballo de Marie Curie foi fundamental para o desenvolvemento da medicina nuclear actual. Agardamos que vos guste!
