Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de programación do uso público, programación, protección e conservación do medio natural.

Estas funcións abranguen aspectos como:

– Control do uso público.

– Control do dominio público.

– Traballos de inventario forestal e de flora e fauna.

– Control das especies de flora e fauna do medio natural.

– Supervisión do equipamento e da realización de obras no medio natural.

– Control dos residuos e vertidos no medio natural.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

– Espazos naturais protexidos.

– Centros de recuperación, xardíns botánicos e centros de cría en cautividade.

– Medio natural.