Crear copia de seguridade
Section outline
-
IES San Paio
Xestión informática
Requisitos de finalización
Como crear unha copia de seguridade dun curso
Para facer unha copia de seguridade do teu curso:
- Accede ao teu curso do que queres crear a copia de seguridade.
- Na parte superior, onde as opcións do curso, preme no botón Máis.
- Na listaxe, selecciona a opción Reutilizar o curso.
- Entre as opcións dispoñibles, preme en Copia de seguridade.
- Aparecerá un asistente para crear a copia:
- Axustes iniciais. Polo xeral podes deixar as marcas por defecto, pero o mínimo recomendado é:
- Incluír as actividades e recursos
- Incluír os ficheiros
- Incluír o banco de preguntas
- Axustes do esquema. Selecciona todos os items dos que desexes facer copia de seguridade. Por defecto, a copia de seguridade inclúe todo o material que subiches ao curso.
- Confirmación e revisión. Revisa e confirma para continuar.
- Facer a copia de seguridade. A Aula Virtual tardará uns segundiños en completar este proceso.
- Completa. Se todo foi ben, recibirás unha confirmación de que o proceso foi completo.
- Axustes iniciais. Polo xeral podes deixar as marcas por defecto, pero o mínimo recomendado é:
- Accederás directamente á pantalla de descarga na Área da copia de seguridade do curso.
Tamén podes acceder a esta páxina en Máis > Reutilizar o curso > Restaurar.
⚠️
Coidado co tamaño da copia de seguridade
Se o tamaño do arquivo descargado é moi grande (maior de 2Gb), pode causar problemas durante a posterior restauración. Se for o caso, podes repetir o proceso tantas veces coma precises seleccionando items distintos no paso 5.2. e obtendo así varios arquivos coma copia de seguridade.