Epicuro denominaba “pracer do repouso” a:
- O pracer sensible.
- O pracer do espírito.
- O descanso.
Epicuro denominaba “pracer do movemento” a:
- O pracer sensible.
- O pracer do espírito.
- O exercicio físico.
Que escola de pensamento identificaba a felicidade coa ataraxía?
- O epicureísmo.
- O estoicismo.
- Os cínicos.
Que escola de pensamento identificaba a felicidade coa apatía?
- O epicureísmo.
- O estoicismo.
- Os cínicos.
Que mantén o hedonismo mitigado?
- Que a felicidade consiste no pracer sensible.
- Que a felicidade consiste o pracer do espírito.
- Que a felicidade consiste no pracer moderado.
Que autor cristián atopaba a Deus mediante un proceso de “transcendencia cara a dentro”?
- Sto. Agostín.
- San Anselmo.
- San Tomé de Aquino.
Que autor dicía que Deus atopábase “escondido no home”?
- San Tomé de Aquino.
- San Anselmo.
- Sto. Agostín.
¿De quen é o denominado “argumento ontolóxico”?
- Sto. Agostín.
- San Anselmo.
- San Tomé de Aquino.
Segundo San Tomé de Aquino ¿cal é o fin último subxectivo do ser humano?
- A felicidade.
- O pracer.
- Deus.
¿Que autor interpretou a Historia como a loita entre a cidade terreal e a cidade celestial?
- San Tomé de Aquino.
- Sto. Agostín.
- Guillermo de Occam.
¿Que autor fundou a Filosofía da Historia?
- San Tomé de Aquino.
- Sto. Agostín.
- Guillermo de Occam.
O primeiro libro de Filosofía da Historia titúlase:
- A historia das dúas cidades.
- A Cidade de Deus.
- A Cidade Celestial.
Que autor escribiu a Cidade de Deus?
- San Tomé de Aquino.
- Sto. Agostín.
- Guillermo de Occam.
A filosofía de Sto. Agostín é de influencia:
- Aristotélica.
- Platónica.
- Tomista.
A filosofía de Sto. Agostín, respecto da relación entre a razón e a fe é:
- Intelectualista.
- Escéptica.
- Voluntarista.
Segundo Sto. Agostín:
- Existe unha primacía da razón sobre a fe.
- Existe unha primacía da fe sobre a razón.
- Razón e fe contradinse.
¿Que autor consideraba que “sen crer non entenderedes”?
- Sto. Agostín.
- San Anselmo.
- Tertuliano.
¿Que autor mantivo a teoría da iluminación:
- San Anselmo.
- Sto. Agostín.
- San Tomé de Aquino..
Segundo Sto. Agostín as verdadeiras verdades proveñen:
- Da nosa propia mente.
- Da experiencia.
- Da iluminación.
¿Que autor mantivo que o mundo foi creado segundo o modelo das ideas exemplares?
- Sto. Agostín.
- S. Anselmo.
- San Tomé de Aquino.
¿A quen pertence o argumento ontolóxico?
- A Sto. Agostín.
- A Tertuliano.
- A San Anselmo.
Tertuliano mantiña que:
- Razón e Fe se complementan.
- A razón prima sobre a fe.
- A fe prima sobre a razón.
Segundo Tertuliano entre a razón e a fe.
- Existe unha primacía da razón.
- Existe unha primacía da fe.
- Existe unha relación de mutua colaboración.
Segundo San Tomé:
- A existencia é o acto intrínseco da esencia.
- A forma é o acto extrínseco da existencia.
- A existencia é o acto extrínseco da esencia.
Segundo San Tomé:
- A materia forma parte da esencia.
- A esencia consta de substancia e accidentes.
- A esencia dun ser consta da forma e a existencia.
Segundo San Tomé:
- A esencia é potencia respecto da existencia.
- A esencia é o acto de ser.
- A forma é un acto extrínseco da esencia.
Segundo San Tomé:
- A Filosofía ten por obxecto o Fin último.
- A Filosofía ten por obxecto o principio primeiro de todas as cousas.
- A Teoloxía ten por obxecto o principio primeiro de todas as cousas.
Segundo San Tomé:
- Existe unha primacía da razón sobre a fe.
- Existe unha primacía da fe sobre a razón.
- Razón e fe se complementan.
Segundo Santo Tomé entre a razón e a fe:
- Existe unha primacía da razón.
- Existe unha primacía da fe.
- Existe unha relación de mutua colaboración.
¿Que autor mantivo a tese da dobre verdade?
- Tertuliano.
- Santo Agostín.
- Averroes.
Segundo Sto Tomé, o materialmente revelado:
- É accesible á razón.
- É inaccesible á razón.
- En parte pódese alcanzar pola razón e en parte non.
Segundo Sto Tomé, o formalmente revelado:
- É accesible á razón.
- É inaccesible á razón.
- En parte pódese alcanzar pola razón e en parte non.
Segundo San Tomé, o coñecemento natural:
- Foi revelado.
- Non foi revelado.
- Inclúe verdades que foron reveladas.
Segundo San Tomé, o coñecemento sobrenatural:
- Constitúe a mensaxe formalmente revelado.
- Constitúe o materialmente revelado.
- É inaccesible á razón.
As demostracións da existencia de Deus de San Tomé:
- Parten da causa ata chegar ao efecto.
- Parten dos efectos ata chegar á causa.
- Parten da esencia para demostrar a existencia.
San Tomé chama lei natural:
- Ás leis físicas.
- Ás normas morais.
- Á lei positiva.
Segundo San Tomé, o proxecto divino constitúe:
- A lei natural.
- A lei moral.
- A lei eterna.
Segundo San Tomé:
- A lei natural forma parte da lei eterna.
- A lei natural forma parte das leis físicas.
- As leis físicas forman parte da lei natural.
Segundo San Tomé:
- A lei natural forma parte da lei eterna.
- A lei natural forma parte das leis físicas.
- As leis físicas e a lei natural son a mesma cousa.
Segundo San Tomé:
- O mundo é eterno.
- O mundo ten un principio no tempo.
- Non se pode demostrar se o mundo e eterno ou se ten un principio no tempo.
Que autor mantivo unha teoría realista moderada respecto dos universais?
- Platón.
- Aristóteles.
- Guillermo de Occam.
Segundo San Tomé:
- O mundo foi creado, pero é eterno.
- O mundo foi creado, polo tanto ten un principio no tempo.
- O mundo pode ser creado e eterno.
Que autor mantivo unha teoría realista esaxerada respecto dos universais?
- Platón.
- Aristóteles.
- Guillermo de Occam.
Que autor mantivo unha teoría nominalista respecto dos universais?
- Platón.
- Aristóteles.
- Guillermo de Occam.
Guillermo de Occam pensaba que os universais
- Existen fora da mente.
- Existen na nosa mente, pero fundaméntanse na realidade.
- Non existen.
Guillermo de Occam, respecto dos universais era:
- Realista exaxerado.
- Nominalista.
- Realista moderado.
¿Que afirma o principio de “a navalla de Occam”?
- Que só se pode afirmar que existen os obxectos de experiencia.
- Que non se deben cortar as argumentacións sen terminalas.
- Que a experiencia é enganosa.
¿En que século comeza a crise da Escolástica?
- XIII.
- XIV.
- XV.
¿En que século escribiuse o primeiro libro de Filosofía da Historia?
- V.
- XIII.
- XIV.
¿Que demostra San Tomé na vía da continxencia?
- Que o mundo é eterno.
- Que hai algo necesario en virtude dunha causa.
- Que hai algo necesario por si mesmo.
¿Cal é o punto de partida das vías tomistas?
- O concepto de Deus como o ser que existe por si mesmo.
- O principio de causalidade.
- A experiencia.
O acto puro, segundo San Tomé é:
- Existencia.
- Forma.
- Esencia.
¿A que chama “quiddidad” San Tomé?
- Á esencia.
- Á existencia.
- Ao acto puro.
San Tomé identifica a existencia con:
- O acto da materia.
- O acto da quiddidad.
- A materia sen a forma.
Cando se produce o primeiro cisma na Igrexa católica?
- No século XII
- No século XIII
- No século XIV